Non queda nadiña. Dentro de semana e media remata o curso e non podía marchar de vacacións sen despedirme dos nenos e nenas da Capela. Espero que o pasedes moi ben na praia ou na piscina, xogando c@s amig@s, descansando e aproveitando para ler algún libro dos que non tivechedes oportunidade de ler durante o curso.
Biquiños de queixo e ata setembro!!
Cusco
miércoles, 22 de junio de 2011
martes, 21 de junio de 2011
Conto dos nenos e nenas de infantil
O día antes de rematar as clases os máis peques do cole fixeron dúas representacións que gustaron moito tanto aos nenos e nenas coma aos mestres e mestras.
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos representaron "A noite das mudanzas"
Os nenos e nenas de 5 anos representaron "Eu non fun!"
viernes, 10 de junio de 2011
Día das Letras Galegas
O pasado 17 de maio celebrouse como cada ano o Día das Letras Galegas. No noso cole quixemos coñecer a palabra en galego que máis lle gustaba a cada nen@, a cada profe e a cada unha das persoas que traballan no noso centro. Quedounos un mural moi chusquiño que lle adicamos a Lois Pereiro, ese escritor que sabendo falar tantas linguas amaba tanto o galego.
Cada curso depositou as súas palabras fermosas nesta caixiña.
Despois esas palabras se xuntaron para formar o mural que podedes ver na seguinte foto.
Cada curso depositou as súas palabras fermosas nesta caixiña.
Despois esas palabras se xuntaron para formar o mural que podedes ver na seguinte foto.
viernes, 3 de junio de 2011
Sesión de contos con primeiro
O derradeiro mércores de maio os nenos e nenas de primeiro representaron "A ratiña presumida".
Esta ratiña tiña moitos pretendentes!!
E colorín colorado, este contiño está rematado...
Esta ratiña tiña moitos pretendentes!!
E colorín colorado, este contiño está rematado...
viernes, 20 de mayo de 2011
Visita de Concha Blanco
A escritora Concha Blanco visitou o noso cole o pasado 28 de abril e pasou o día cos nenos e nenas da Capela.
Pola mañá falou cos nenos e nenas de infantil sobre o seu libro "A casa de cartón".
E adicou os exemplares do seu libro aos nenos que o levaron.
Pola mañá tamén tivo tempo para falar cos nenos e nenas do primeiro ciclo sobre "A vaca titiriteira".
E despois lles adicou os exemplares do libro que tiñan con eles.
Os alumn@s de segundo ciclo convertíronse en escritores e lle regalaron a Concha Blanco estes libros que fixeron eles mesmos.
Tamén falaron con Concha sobre "A camioneta da media risa" e "A bruxiña da sorte".
Pola tarde tamén tivo tempo para falar cos maiores, cos alumn@s de terceiro ciclo, sobre "A min que me importa".
Os nenos e nenas de 5º e 6º escribiron contos que lle leron a Concha Blanco, e parece que lle gustaron moito.
A escritora pasou un día tan especial no CEIP Mosteiro de Caaveiro que dixo que tería que falar dos nenos e nenas da Capela nun dos seus novos libros!!!

martes, 10 de mayo de 2011
Día do Libro
Como son un rato de biblioteca o día 23 de abril é un día moi especial para min, é o Día do Libro. Este ano os nenos e nenas do colexio estaban de vacacións ese día, pero non o esqueceron. Deixaron a biblioteca e o pasillo da entrada cheos de traballos moi chulos baseados en libros de Concha Blanco. E por que Concha Blanco? Porque esta escritora vainos visitar o vindeiro 27 de abril para falar de moitas cousas relacionadas cos seus libros.
Os alumn@s de infantil construiron casas de cartón coma as do libro que leron na clase.
Son preciosas!!
Os alumn@s do primeiro ciclo debuxaron as aventuras da Vaca Titiriteira nas manchas dunha vaca parecida á do libro.
E os alumn@s de cuarto fixeron a bolboreta que aparece en "A bruxiña da sorte".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)