martes, 10 de mayo de 2011

Día do Libro

Como son un rato de biblioteca o día 23 de abril é un día moi especial para min, é o Día do Libro. Este ano os nenos e nenas do colexio estaban de vacacións ese día, pero non o esqueceron. Deixaron a biblioteca e o pasillo da entrada cheos de traballos moi chulos baseados en libros de Concha Blanco. E por que Concha Blanco? Porque esta escritora vainos visitar o vindeiro 27 de abril para falar de moitas cousas relacionadas cos seus libros.

Os alumn@s de infantil construiron casas de cartón coma as do libro que leron na clase.














Son preciosas!!

Os alumn@s do primeiro ciclo debuxaron as aventuras da Vaca Titiriteira nas manchas dunha vaca parecida á do libro.



E os alumn@s de cuarto fixeron a bolboreta que aparece en "A bruxiña da sorte".



martes, 5 de abril de 2011

Conto dos alumn@s de 2º

No mes de marzo chegou o turno para que os alumn@s de segundo de primaria nos sorprendesen coa posta en escea do conto "O coelliño". Para seren tan pequenos non o fixeron nada mal...









Cantos animaliños!!

Sesión de contos con 4º


Os alumn@s de 4º de primaria recrearon "Cuentos en verso para niños perversos" nunha sesión de contacontos moi entretida na que disfrutaron dende os máis pequenos ata os profes.










Como podedes ver o público pasou un bo rato!







miércoles, 30 de marzo de 2011

Sesión de contos con 5º

Na hora da lectura do mes de xaneiro os alumnos de 5º representaron o conto de "Papelín vence a Don Señorón".










¡Mirade que atento está o público!

sábado, 19 de marzo de 2011

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebrouse como todos os anos o Día da Paz. O equipo da biblioteca tivo unha idea moi orixinal para facer un mural conmemorativo: cada curso tería que escoller un valor relacionado coa Paz para traballar en colaboración coas familias. Cada nen@ levou para casa un globo de papel para decorar e escribir o que cada familia quixese sobre o valor que lle correspondía. Cando todos os titores e titoras recolleron eses globos, o equipo da biblioteca os pegou nun mural de distintas cores dependendo do curso e do valor ao que facían referencia. Mirade o resultado: