miércoles, 25 de octubre de 2023

Imos ver un contacontos!

O pasado luns 23, como xa anunciamos no cartaz publicado hai uns días no blog, as nenas e nenos do cole acudiron á Casa da Cultura de A Capela para disfrutar das historias que con tanto humor e cariño íalles contar a talentosa Raquel Queizás.


Soamente coa axuda dunha maleta grande e moi vella, un par de manteis e uns cantos títeres feitos a man con cousas da casa, Raquel Queizás foi quen de transportar aos nenos (e tamén a nós os mestres) a lugares e tempos pasados, nos que lembraba historias que vivía ou lle contaba a súa querida avoa. 


As falcatruadas dun trasno que se bañaba no seu vaso de leite e que tanto fixeron rir aos nenos, o temible Papón que comía cantas persoas tiña ao seu redor, ou a famosa historia da Cova da Moura, foron algúns dos contos tradicionais cos que Raquel fixo disfrutar a todos os que tivemos a sorte de ir ver o seu espectáculo.  




lunes, 23 de octubre de 2023

Formación entre iguais: uso da biblioteca.

 As rapazas e os rapaces de 6º curso de EP (a quenes dende aquí lles agradecemos moitísimo o seu interese, esforzo e bo facer), explicaron ao resto dos alumnos/as do cole tanto o funcionamento e a organización das súas respectivas bibliotecas como as normas de emprego das mesmas (días, horarios, emprego dos tarxetóns, préstamos, etc.).


O mércores 18 de outubro e aproveitando o tempo do plan lector, fíxeron a formación para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.

Dous días máis tarde, o venres 20 e no mesmo horario da xornada lectiva, foron os nenos/as de 2º ciclo de E.P. máis os compañeiros de 5º curso os que puideron aprender do que lle contaban os máis maiores do cole. 



Cusco está feliz por recibir a tantas nenas e nenos, presentes e futuros lectores da súa biblioteca, que con tanta paixón coida!!!


martes, 17 de octubre de 2023

Continuamos co programa "PRENSA-ESCUELA"

Por segundo ano consecutivo e grazas ás iniciativas de "La Voz de Galicia", o alumnado do terceiro ciclo de E.P. do noso cole poderase nutrir dos beneficios do programa "prensa-escuela".

 


Entre os obxectivos pedagóxicos de dito programa podemos destacar os seguintes:

- Ser capaces de usar a prensa como un recurso didáctico.

- Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión e debatir en grupo.

- Ter acceso ao mundo dos medios de comunicación e coñecer a súa organización e como inflúen na sociedade.

- Implicarse, cando sexa posible, na solución dos problemas que o periódico publica a diario.

Ademáis, terán a oportunidade de desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa e máis descubrir unha posible paixón pola información e a comunicación.

lunes, 9 de octubre de 2023