domingo, 22 de octubre de 2023

CONTACONTOS NA CASA DA CULTURA "A maleta da avoa"

O luns 23, con motivo da celebración do día das bibliotecas,  a biblioteca municipal convídanos ao contacontos "A maleta da avoa" a cargo de Raquel Queizás. 
Que ben o imos pasar! 

martes, 17 de octubre de 2023

Continuamos co programa "PRENSA-ESCUELA"

Por segundo ano consecutivo e grazas ás iniciativas de "La Voz de Galicia", o alumnado do terceiro ciclo de E.P. do noso cole poderase nutrir dos beneficios do programa "prensa-escuela".

 


Entre os obxectivos pedagóxicos de dito programa podemos destacar os seguintes:

- Ser capaces de usar a prensa como un recurso didáctico.

- Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión e debatir en grupo.

- Ter acceso ao mundo dos medios de comunicación e coñecer a súa organización e como inflúen na sociedade.

- Implicarse, cando sexa posible, na solución dos problemas que o periódico publica a diario.

Ademáis, terán a oportunidade de desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa e máis descubrir unha posible paixón pola información e a comunicación.

lunes, 9 de octubre de 2023

jueves, 28 de septiembre de 2023

As falcatruadas do mago Paco!

Como xa adiantamos na anterior entrada do blog, o pasado venres 22 de setembro ás 10:45 chegou o bus ás portas do cole para recoller tanto ao alumnado como ao profesorado do cole e poñer rumbo á Casa da Cultura da Capela.
O mago Paco fixo varios trucos de maxia: converter un pano vermello nun ovo de mentira e despois nun ovo de verdade, facer aparecer un naipe dunha baralla dentro dunha bolsa de palomitas, precedir o resultado dunha carreira de coches ou mesmo reconstruir unha foto que fora cortada en oito pedazos.
O mellor do espectáculo non foron os trucos, senon os sorrisos das rapazas e rapaces, as súas caras de expectación, e o feito de que tanto nenos como adultos foron interactuando co mago en todo momento e incluso subindo ao escenario para colaborar directamente con él.

lunes, 18 de septiembre de 2023

Venres de maxia!

O vindeiro venres 22 de setembro o concello da Capela invítanos á Casa da Cultura para ir ver un espectáculo de maxia. Deixamos aquí a cartela.

Teatro e humor: Saaabor!

O pasado venres 15 de setembro, os amigos de Culturactiva Producións achegáronnos unha divertidísima obra teatral ambientada nas andanzas de dous cociñeiros que co seu gran talento fixeron rir durante máis dunha hora a pequenos e maiores.
Aínda que nun principio o espectáculo ía ter lugar na Casa da Cultura, por motivos de espazo e aproveitando ademáis o bo tempo, foron os artistas quenes se desprazaron ata o cole para converter o patio da escola nun teatro do máis alto nivel.
A obra mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas Félix e Fran convertéronse en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú que ata foi degustado por algúns dos alumnos/as en pleno directo!

viernes, 15 de septiembre de 2023

Damos a benvida ao novo curso da man do rato Cusco!

O pasado luns día 11 de setembro o rato Cusco deu a benvida ás alumnas e alumnos da nosa escola. Cusco abríu as portas do cole cun enorme sorriso e unha cartela de "BENVIDOS/AS", trala cal o alumnado puido ver un mural cun tarro xigante que tiñan que encher con bos desexos e propósitos para o curso 23/24.
Ao longo da xornada, os rapaces e rapazas de cada grupo foron escribindo as súas mensaxes en pequenos pergamiños que despois meteron no tarro. Cusco ten agora moito que ler, e séntese feliz de tervos na escola de novo!!