lunes, 10 de abril de 2023

 OBRADOIRO FIN DE TRIMESTRE 

O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, todo o alumnado participou nunha xornada de xogos de mesa cooperativos proporcionados dende a nosa biblioteca. E sabedes que? Todos os xogos están dispoñibles! Organizáronse diferentes grupos onde os nenos e nenas maiores encargáronse de explicar as regras dos xogos aos máis pequenos. Entre todos e todas desfrutaron dun ratiño aprendendo uns de outros.

Este obradoiro levouse a cabo tendo en conta que o xogo é unha parte fundamental no desenvolvemento cognitivo durante a infancia. Ademais desenvolve as habilidades sociais, a creatividade, o pensamento crítico e axuda a nenos e nenas a aprender de xeito divertido. 

Deixámosvos unhas imaxes do que fixemos. Pasámolo xenial!


martes, 28 de marzo de 2023

 OBRADOIROS DE ROBÓTICA E STEM

Os pasados venres 17 e 24 de marzo o alumnado do cole puido desfrutar dunhas divertidas xornadas creando e experimentando con diferentes actividades da man de Pablo, Lucía e Paula, mestres especializados en novas tecnoloxías. Queremos darlles as gracias por traernos estas actividades tan chulas!

Os cursos de infantil, 1º e 2º de primaria construíron unha catapulta e un minicohete a presión. O alumnado de 3º a 6º de primaria montou e programou robots e participou en diferentes retos para superar obstáculos con eles.




miércoles, 22 de marzo de 2023

lunes, 13 de marzo de 2023

 APRENDENDO COA MALETA NATURALISTA

Gracias á maleta naturalista e os seus recursos facilitados polo CEIDA, o alumnado tivo a oportunidade de continuar aprendendo e investigando sobre a nosa contorna.


 VISITA DE ANA MEILÁN

O vindeiro 21 de abril a escritora galega Ana Meilán fará unha visita ó noso cole. No corredor da entrada podedes ver unha pequena exposición dos seus libros, todos eles dispoñibles na nosa biblioteca.