miércoles, 22 de marzo de 2023

lunes, 13 de marzo de 2023

 APRENDENDO COA MALETA NATURALISTA

Gracias á maleta naturalista e os seus recursos facilitados polo CEIDA, o alumnado tivo a oportunidade de continuar aprendendo e investigando sobre a nosa contorna.


 VISITA DE ANA MEILÁN

O vindeiro 21 de abril a escritora galega Ana Meilán fará unha visita ó noso cole. No corredor da entrada podedes ver unha pequena exposición dos seus libros, todos eles dispoñibles na nosa biblioteca.


jueves, 9 de marzo de 2023

PISTA DOCTOR SENC-CORAZÓN

 CELEBRANDO O 8M

Con motivo do Día Internacional da Muller e tendo en conta o lema da nosa biblioteca "Escribir a biblioteca escolar", todos os nenos e nenas do cole adicaron unhas fermosas palabras de agradecemento e admiración ás mulleres importantes da súa vida. 

Escribiron as mensaxes en papeis que decoraron libremente e despois pegáronas no mural no que tamén se incluíron uns banderíns sobre diferentes mulleres importantes na historia. Durante esta semana traballamos nas aulas as vidas destas mulleres, incluíndo despois de xeito resumido esta información nos banderíns.

lunes, 6 de marzo de 2023

 RECOMENDACIÓN DE LIBROS PARA O 8M

Deixámosvos esta selección de libros que temos dispoñibles con motivo do Día da Muller.