lunes, 13 de marzo de 2023

 VISITA DE ANA MEILÁN

O vindeiro 21 de abril a escritora galega Ana Meilán fará unha visita ó noso cole. No corredor da entrada podedes ver unha pequena exposición dos seus libros, todos eles dispoñibles na nosa biblioteca.


jueves, 9 de marzo de 2023

PISTA DOCTOR SENC-CORAZÓN

 CELEBRANDO O 8M

Con motivo do Día Internacional da Muller e tendo en conta o lema da nosa biblioteca "Escribir a biblioteca escolar", todos os nenos e nenas do cole adicaron unhas fermosas palabras de agradecemento e admiración ás mulleres importantes da súa vida. 

Escribiron as mensaxes en papeis que decoraron libremente e despois pegáronas no mural no que tamén se incluíron uns banderíns sobre diferentes mulleres importantes na historia. Durante esta semana traballamos nas aulas as vidas destas mulleres, incluíndo despois de xeito resumido esta información nos banderíns.

lunes, 6 de marzo de 2023

 RECOMENDACIÓN DE LIBROS PARA O 8M

Deixámosvos esta selección de libros que temos dispoñibles con motivo do Día da Muller.

lunes, 27 de febrero de 2023

 DÍA DE ROSALÍA 

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837. Foi unha importante poetisa (que escribía poemas) e publicou obras tanto en galego como en castelán. Foi unha figura clave no Rexurdimento galego, etapa na que o galego volveu ser unha lingua recoñecida tanto a nivel escrito coma oral despois de estar moito tempo sen empregarse na literatura. A súa obra máis coñecida é Cantares gallegos, poema publicado un 17 de maio de 1863. Desta data tan sinalada marcouse o Día das Letras Galegas. Outras das obras máis coñecidas son Follas Novas e En las orillas del Sar.

Para conmemorar este importante día, no que celebramos o nacemento da autora, fixemos este mural entre todos e todas. Nel inclúense palabras e debuxos relacionados con sentimentos, emocións ou cousas destacadas que están a aconteceder.

jueves, 16 de febrero de 2023

A MALETA NATURALISTA

Chegou ó cole esta maleta cargada de libros súper interesantes relacionados coa natureza. Inclúen guías de flora, fauna e fungos e cadernos de campo. Este proxecto está promovido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA), o cal tamén achegounos ó cole a maleta climática o mes pasado.

A maleta estará no centro ata o 13 de marzo, así que imos disfrutar e aprender moito dela ata entón!