ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN
Unha vez aprendimos un pouquiño sobre as orixes desta festividade (tendes a historia na publicación anterior), deixámosvos unhas imaxes sobre o que fixemos no cole para celebrar este día.
AS ORIXES DO SAMAÍN
A festa do Samaín (ou Samhain), celebración laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do outono, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (e as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores das aldeas e nas muradas dos seus castros. Isto servía para asustar ós inimigos, para asombro das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día de Defuntos e Tódolos Santos.
Aquí tendes un curto vídeo onde se explican con imaxes as orixes do Samaín:
FINALISTAS DO CONCURSO DE SLOGANS
Dende o cole queremos dar a noraboa a todos e todas por participar no concurso de slogans de animación á lectura. Fixéchedes un moi bo traballo! 👏👏
Aquí deixamos os nomes dos e das finalistas. O gañador ou gañadora saberémolo en decembro, preto de Nadal.
- Artai López Bouza (6º Educación Infantil)
- Nouredinne Saidi (1º Educación Primaria)
- Liam Tabarés Paz (2º Educación Primaria)
- Xoel Paz Pico (3º Educación Primaria)
- Xandre Pérez Gabeiras (4º Educación Primaria)
- Manuel Permuy Piñeiro (5º Educación Primaria)
- Carla Seco Meizoso (6º Educación Primaria)
FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA
Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unhas charlas formativas ó resto de cursos do cole sobre as normas de uso da biblioteca (servizo de préstamo, carnets, prazos de devolución, identificación dos libros por temática e curso, etc.). Queremos agradecerlles o gran traballo que fixeron!
Lembrade que a biblioteca abre este luns 24 de outubro. A disfrutala moito!