miércoles, 5 de octubre de 2022

 OBRADOIROS ENRAIZADAS

Enraizadas é un proxecto impulsado por Euroeume que comezou no ano 2021. Está centrado na posta en valor do papel da mulleres no sector primario e no rural. Traballa de maneira transversal (conxunta) valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade. 

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de asistir a dúas sesións onde aprenderon sobre o proxecto e crearon composicións propias.



martes, 4 de octubre de 2022

 A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE A CAPELA DANOS A BENVIDA 

Para iso, convídanos este xoves 6 de outubro á Casa da Cultura onde haberá tamén un contacontos da man de Fátima Fernández.



 NORMAS DA BIBLIOTECA


 CUSCO E A BIBLIOTECA ESTÁN DE VOLTA

Queremos tamén agradecer ó alumnado de sexto por lernos esta carta a todo o cole e informanos sobre a actividade.






martes, 20 de septiembre de 2022

 BENVIDOS/AS Ó COLE! 



Cusco quixo dar a benvida ao alumnado coa creación dun mural colaborativo. Todos os nenos e nenas do cole escribiron mensaxes positivas e de ánimo para afrontar con ganas este novo curso.