domingo, 1 de mayo de 2022

NOVIDADES NA BIBLIO...

 Aquí vos deixo algunhas das novidades máis creativas que foron chegando aos nosos andeis!

Cusco, 🐭

PDI - COÑECE A TÚA CONTORNA & PROXECTO RÍOS

Seguimos investigando sobre o noso medio natural máis próximo e volvemos á ribeira do Río Sesín.

Alí, Ramsés, un membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), explicounos e guiounos para buscar e observar pequenos invertebrados e tamén algún que outro exemplo de plantas autóctonas. 

A rapazada de 3º a 6º ten unha boa capacidade de observación e, en pouco tempo, xa recolleran mostras de diferentes macroinvertebrados (e tamén algún vertebrado) que logo de analizar volvemos soltar na auga. A existencia destes "bichiños" nos noso río indica que a calidade da auga nese momento era moi boa. Por iso, debemos comprometernos co seu coidado para que siga sendo así. 

🌳🌿🌍







Os máis pequerrechos do cole tamén o pasaron xenial nesta solleira mañá, merendando ao aire libre, desfrutando da paisaxe e observando e aprendendo moito coas explicacións de Secundino. Graciñas unha vez máis por acompañarnos. 


jueves, 28 de abril de 2022

CONTACONTOS - Acender a noite

Como nos gustaron as historias que nos contou Soledad Felloza!

Grazas unha vez máis á biblioteca municipal por convidarnos a esta actividade organizada polo Día do Libro.



DÍA DO LIBRO 2022 - Probamos a ser booktubers?

Pinchade nesta ligazón e poderedes coñecer algunhas das nosas lecturas favoritas:

DÍA DO LIBRO - BOOKTUBERS

Eu xa tomei nota das vosas recomendacións. A biblioteca escolar ten a palabra! 

Cusco, 🐭

viernes, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022 - Visita da autora Charo Pita

Hoxe foi unha xornada especial para a biblioteca de Cusco! Durante toda a mañá puidemos desfrutar da compañía de Charo Pita. 

Falamos con ela sobre as súas obras e sobre o seu traballo como narradora, escritora e contadora de contos. As súas historias, a súa cercanía e a súa forma de contar enseguida nos cautivaron. Ademais, asinou os nosos libros, con dedicatoria incluída.

Foi un pracer escoitarte, Charo. Sigue escribindo e narrando así.

Que teñades mañá un feliz día do libro! 📖





jueves, 21 de abril de 2022

CONTACONTOS: "Acender a noite"

Anotade na axenda! O vindeiro martes, 26 de abril, a Biblioteca Municipal da Capela convídanos a un xenial contacontos a cargo de Soledad Felloza: "Acender a noite".
🐭👏

Preparando o Día do Libro...

 Todo listo para recibir mañá a Charo Pita. Así de bonitiños quedaron o mural e maqueta inspirada nas personaxes das obras que lemos estes días: "Grazas", "No país do vento", "Andar aos biosbardos" e "Oxalá estiveses aí".