martes, 8 de marzo de 2022
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER
domingo, 27 de febrero de 2022
ENTROIDO NA FRAGA
Ratiños, ras, esquíos, abellas, bufos... Animaliños das fragas, facendo un guiño ao noso PDI "Coñece a túa contorna".
Logo dos bailes, o xuízo do Meco e a merenda de Entroido,
Anxo Moure chegou na súa bicicleta para deleitarnos cunha historia do bosque, coas súas rimas e ritmos musicais, sempre desde unha perspectiva ecolóxica e de fomento do respecto ao medio ambiente. 👏🌳🍃
miércoles, 23 de febrero de 2022
PROXIMAMENTE... Anxo Moure!
Estas semanas vinvos a todos e todas moi apurados, recorta por aquí, pega por alá, cose polo outro lado... Asomei o fociño polas portas e, como non podía ser doutra forma neste curso, puiden albiscar as figuras de diferentes animaliños das fragas.
Pois mirade por onde, tíñavos preparada unha sorpresa. Cal é o escritor e contacontos que máis quere e protexe a natureza? Pois claro, Anxo Moure!
O día do Entroido, logo das vosas xeniais actuacións e o xuízo do Meco, poderemos desfrutar do seu espectáculo O Entroido no bosque 🌳🌿
Seguro que o pasamos en grande!
O voso amigo, Cusco. 🐭
DÍA DE ROSALÍA - #SementadePensamentos
Un ano máis, lembramos a figura da nosa poetisa, da muller que tanto defendeu a nosa lingua, a nosa terra e a igualdade. A planta dos pensamentos era a súa preferida, pensamentos que florecían maxistralmente para formar parte da nosa literatura e da nosa identidade, por sempre.
"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino".
Coidade con mimo os vosos! 😉🌸 🐭
Aquí tedes un Genially sobre a súa biografía, feito polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diferentes colexios de Galicia. Grazas por compartilo!
sábado, 19 de febrero de 2022
COMEZA O ENTROIDO!
Achégase a semana máis trouleira do ano! Atentas/os aos mandados do Meco!
NOVIDADES
Cusco non para de traervos novos libros para a súa colección. Estade atentos aos andeis de novidades da biblio porque é difícil seguir o seu ritmo para publicalos por aquí. Deixámosvos só unha pequena mostra deles: