Neste curso, o cartel de conmemoración destaca o papel das bibliotecas como ventanas abertas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir. Podedes ler máis aquí.
miércoles, 20 de octubre de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS
martes, 19 de octubre de 2021
CONCURSO - EXPOSICIÓN: Slogans de animación á lectura
Grazas a todas/os pola vosa participación! Quedaron uns slogans moi feitiños cos que deixades claro que a lectura é sempre a mellor opción.
O venres, no acto do Día das Bibliotecas, anunciaranse os nomes das/dos finalistas. 📚
sábado, 16 de octubre de 2021
A CARTEIRA DE AUGASCLARAS
"Correeeooo! Correeooo!" Así nos recibía a carteira de Augasclaras. Cada unha das cartas que nos entregaron viña acompañada dunha fermosa historia: a de Artur e Clementina, a de Rosa Caramelo e a de Eu vou comigo. Desfrutamos da súa forma de contar e da posta en escena, con eses títeres e personaxes tan feitiños. Graciñas!
miércoles, 13 de octubre de 2021
ESPECTÁCULO: "A carteira de Augasclaras"
Mañá, 14 de outubro, Carmen Domenech traeranos unha gran historia á Casa da Cultura: A carteira de Augasclaras. De novo, grazas á Biblioteca Municipal por convidarnos. Non nola perdemos!
lunes, 4 de octubre de 2021
CARTA DE CUSCO!
Hoxe tivemos noticia de Cusco, por fin! Coa súa carta, chegáronnos as normas de funcionamento da biblio para este curso así como a invitación para participar na primeira das actividades.
Preparade esa imaxinación!
miércoles, 29 de septiembre de 2021
ACTUACIÓN: Dámoslle a volta ao conto!
Os contos non son sempre como nolos contaron. Existen os "contracontos", versións pouco coñecidas onde os protagonistas rompen cos estereotipos: princesas valentes, "belos" durmintes, cincentos...
Acertixos, bailes, humor e moito conto que dá que pensar. Grazas, Queliña!
















