sábado, 18 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN: Maxia divertida 3.0

Atentas e atentos! Achégase a primeira das invitacións da nosa benquerida biblioteca municipal. O vindeiro xoves, 23 de setembro, desfrutaremos dunha actuación de maxia a cargo do Mago Paco. Que ben! 👏💥

viernes, 10 de septiembre de 2021

Comezamos!

Ola compañeiras/os!

Agardamos que veñades con alegría, enerxía e ganas de aprender, tanto ou máis que o ano pasado. Axiña teredes novas miñas desde a biblio, pero antes debo organizar unhas cantas cousas para poñelo todo a punto. 

Grazas por estas follas tan bonitiñas, agradécese a sombra😉

Desexámosvos un bo curso 2021 - 2022!


 

miércoles, 23 de junio de 2021

NO VERÁN, PASADE PÁXINA!

Ola compañeiras/os! 

Non podía marchar de vacacións sen antes deixarvos unhas recomendacións de lectura para o verán.. Seguro que xa tedes algún libro na mente, pero para os máis indecisos, déixovos algunhas ideas.

Aproveito para felicitarvos pola vosa actitude diante do que foi un dos cursos máis complicados. Tedes máis que merecidas unhas boas vacacións!

Ata a volta!

O voso amigo Cusco.

viernes, 18 de junio de 2021

CONTACONTOS: "Contos daquí e dacolá"

O vindeiro luns, 21 de xuño, iremos á casa da cultura para desfrutar destas fantásticas historias que nos contará Fátima Fernández. Grazas de novo á Biblioteca Municipal por convidarnos! 

E lembrade estar atentos ao taboleiro de anuncios do cole, aínda teremos tempo para máis actividades de fin de curso... 👏😉


miércoles, 16 de junio de 2021

CUSCO CONVÍDAVOS A UNHA ANIMACIÓN

Ola compañeiros/as! 

Alégrome moito de que vos gustaran as lecturas que vos propuxen para o trimestre. Abofé que son unhas historias ben interesantes e entretidas! 

Pero aínda teño outra sorpresiña para vós, pois o vindeiro venres día 18 poderemos disfrutar no cole dunhas fantásticas animacións sobre elas. 

Non volas perdades!

lunes, 7 de junio de 2021

ANTES DE REMATAR O CURSO, CUSCO QUERE SABER...

Ola rapazas e rapaces!
 Axiña remata o curso e, polo tanto, tamén as actividades da biblioteca. Agardo que vos gustara participar nelas e que aprenderades moito. Pero, para asegurarme, gustaríame que realizasedes estas enquisas que vos achego (os máis peques do cole, posiblemente necesitaredes que os profes vos boten unha man para cubrilas entre todos). 
Grazas pola vosa colaboración. Xa sabedes que son un rato moi curioso! 

Cusco

viernes, 14 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Só a lingua galega conta con palabras tan fermosas: bico, cóxegas, luscofusco, aperta, vagalume, axiña, morriña, brincadeira...  E só no noso colexio contamos con artistas tan creativos para facelas lucir como se merecen.

A presumir das chapas con orgullo! Eu xa teño a miña 😉. Aínda que traballiño me costou atopar o lugar da miña peza no quebracabezas para gañala.

Feliz 17 de maio, Galicia

Cusco