lunes, 10 de mayo de 2021
sábado, 24 de abril de 2021
NOVOS PASOS COS ESCORNABOTS (BIBLIOTECA CREATIVA)
Como vedes, nestas últimas semanas non parou a actividade na biblioteca de Cusco.
Retomamos os escornabots que deixaramos aparcados no recuncho de robótica para realizar prácticas de movemento. Nesta ocasión, os nosos amigos desprazáronse por un taboleiro con imaxes dos libros que viñamos de ler durante o trimestre.
Demostrastes boas habilidades para a programación... e creatividade! Non hai máis que ver que feitiños quedaron os seus traxes! 👏
viernes, 23 de abril de 2021
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Ola compañeiras e compañeiros!
Como xa vos anunciaba ao comezo da semana, hoxe celebramos o Día Internacional do Libro na compañía de Pinto & Chinto. Aínda que a visita a min tamén se me fixo un pouco curta, puidemos conversar sobre os seus fantásticos libros e conseguimos que algúns fosen hoxe asinados para a casa. Aqueles que non puidestes levalos, tede paciencia, axiña estarán de volta. 😉
Aquí vos deixo unha presentación. Botádelle unha ollada ao froito de todo ese traballo que vos vin realizar nestes días: o mural coa montaxe fotográfica e os audiocontos. Que ben o pasamos meténdonos na pel dos personaxes!
Feliz día! 📚
Cusco
lunes, 19 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO
viernes, 2 de abril de 2021
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Hoxe é o día de lembrar aos grandes amigos que tedes nos andeis da biblio de Cusco. Sabemos que vos encantan!
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.
As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!
martes, 16 de marzo de 2021
MÁIS NOVIDADES NA BIBLIO!
domingo, 7 de marzo de 2021
8M - Día da muller
Boas raparigos e raparigas! Aquí, Cusco retransmitindo en directo dende o escritorio.
Xa volvemos a estar no 8 de marzo, que é o día internacional da muller. Dende a biblioteca puiden ver que estivéstedes a traballar sen descanso na investigación sobre algunhas das mulleres científicas de Galicia e outras partes do mundo.
Lembrade pasar polo mural para escanear os códigos QR e poder ver todo ese gran traballo! Déixovos aquí tamén unha recompilación.
Feliz día a todas!







