viernes, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Ola compañeiras e compañeiros!

Como xa vos anunciaba ao comezo da semana, hoxe celebramos o Día Internacional do Libro na compañía de Pinto & Chinto. Aínda que a visita a min tamén se me fixo un pouco curta, puidemos conversar sobre os seus fantásticos libros e conseguimos que algúns fosen hoxe asinados para a casa. Aqueles que non puidestes levalos, tede paciencia, axiña estarán de volta. 😉

Aquí vos deixo unha presentación. Botádelle unha ollada ao froito de todo ese traballo que vos vin realizar nestes días: o mural coa montaxe fotográfica e os audiocontos. Que ben o pasamos meténdonos na pel dos personaxes! 

Feliz día! 📚

Cusco

lunes, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO


Achégase unha das xornadas máis especiais para as bibliotecas escolares:
o Día Internacional do Libro. 
Desta volta si que poderemos gozar da visita de Pinto & Chinto (podedes coñecer máis aquí). Charlaremos con eles sobre o seu traballo e especialmente, sobre os fabulosos libros que nos acompañaron durante as "Horas de ler". 

Anotade na axenda: o vindeiro venres, 23 de abril, a iso das 11 h.

viernes, 2 de abril de 2021

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe é o día de lembrar aos grandes amigos que tedes nos andeis da biblio de Cusco. Sabemos que vos encantan! 

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás. 
Cando escribimos, os nosos dedos cantan. 

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros, 
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo! 

As palabras convídannos a bailar 
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

A MÚSICA DAS PALABRASpor Margarita Engle 
(Tradución de María Canosa)
Ilustración de Roger Mello.


martes, 16 de marzo de 2021

MÁIS NOVIDADES NA BIBLIO!

 Cusco trouxo máis novidades aos andeis da biblio. Non volas perdades! E lembrade que tamén se ampliou a sección de banda deseñada (cómic). Parece que o noso amigo escoitou as vosas peticións! 👏



domingo, 7 de marzo de 2021

8M - Día da muller

Boas raparigos e raparigas! Aquí, Cusco retransmitindo en directo dende o escritorio. 

Xa volvemos a estar no 8 de marzo, que é o día internacional da muller. Dende a biblioteca puiden ver que estivéstedes a traballar sen descanso na investigación sobre algunhas das mulleres científicas de Galicia e outras partes do mundo. 

Lembrade pasar polo mural para escanear os códigos QR e poder ver todo ese gran traballo! Déixovos aquí tamén unha recompilación. 

Feliz día a todas! 

8M na Capela



martes, 23 de febrero de 2021

24 de FEBREIRO: Día de Rosalía de Castro

Un 24 de febreiro nacía en Galicia unha das nosas escritoras preferidas, a que marcaría un antes e un despois no uso e defensa da lingua galega. Hoxe lembramos a súa obra con agarimo por medio de diferentes actividades na aula. 

Ademais, Cusco quere compartir con vós esta fantástica animación sobre a súa vida. Non vola perdades!

Narración realizada polo alumnado do Colexio San Pío X (Ourense) en colaboración con: TikTaK Draw, a Fundación de Rosalía de Castro e os membros dos Equipos de Dinamización Lingüística de Galicia.

viernes, 5 de febrero de 2021

TEMPO DE ENTROIDO!

No colexio seguimos mantendo as tradicións e as ganas de troula! Así que na vindeira semana non pode faltar unha pequena celebración dunha das nosas festas máis enxebres. Iso si, toca facelo de forma diferente e con moito sentidiño. 

Chega o primeiro dos mandados... 👀🎭


E para rematar, mañá xoves: 
Mañá completas a peza: trae algo nos pés, na cintura, pescozo e... na cabeza!