jueves, 28 de enero de 2021

ROBÓTICA NA CAPELA

 Boas raparigos e raparigas da Capela! Aquí Cusco para dicirvos que  este ano, pese a ser distinto a todos os anteriores, non perdemos as ganas de seguir descubrindo, xogando, divertíndonos e sobre todo aprendendo. Por fin saltamos de cheo a pola robótica, agora invadides a miña biblioteca non só con libros e ordenadores, senón que tamén me metéstedes ROBOTS! Foi un sorpresa moi boa porque estaba un pouco só. Agora xogo con Doc, Mind, BlueBoot, escornabots, mBots e millóns de legos (que por certo, están por todas partes e xa fan de todo). Igual que eu estou entretido, tamén o debedes de estar vós porque polo que vexo nesta televisión de aquí abaixo moito traballades. 

Dádelle clic na palabra "EMPEZAR" para ir ao índice de vídeos. Clicade no que vos apeteza ver e dádelle ao play para ser bos e boas youtubers. Non vos esquezades de darlle like e compartir, que está moito de moda. 

Un saúdo grande,


CUSQUIÑO


lunes, 25 de enero de 2021

DÍA DA PAZ - 2021

Acaba de comezar a semana máis pacífica do ano e Cusco ten algo que contarvos. Averiguade de que se trata. Seguro que lle sodes de gran axuda! 📖💻

sábado, 26 de diciembre de 2020

CALENDARIO 2021: Por un planeta mellor

Fai xa uns aniños que moitos países se comprometeron a facer deste planeta un lugar mellor onde vivir. Para iso, marcaron na súa axenda varios obxectivos (se queres saber máis, entra aquí). 

No cole reflexionamos sobre o significado dalgúns deles e elaboramos uns estupendos carteis que van incluídos no calendario do ano 2021

Queremos poñer o noso gran de area para crear conciencia. 


domingo, 20 de diciembre de 2020

TRÍPTICO DE NADAL E RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS




Cusco está convencido de que esta selección de lecturas e música son ideais para os próximos días de inverno na casa. Botádelles un vistazo e lembrade que sería estupendo incluir algunha nos vosos desexos de Nadal! 🎄📖⛄ 

FESTIVAL DE NADAL 2020



 O Nadal xa chegou! Como o sabemos? Por que está á volta da esquina un dos eventos máis famosos do noso cole. Pásovos con Cusco para que vos conte máis detalles.


Avisados e avisadas quedades. Este será un momento único na vida, un espectáculo coma ningún outro onde animaremos este ano con bailes, cancións, idiomas, adiviñas, desexos e ata anuncios. Acompañados por suposto dos mellores presentadores que puidemos atopar: os nenos e nenas de 6º de Primaria. 

Aquí vos deixo o tráiler oficial para que vos vaiades mentalizando:



Podedes ver todo o festival dende a páxina web do cole (facede clic AQUÍ), dende o blogue da biblio  e por suposto dende a nosa canle de YouTube (buscade "Cusco A Capela").

Ide apuntando na axenda! MARTES DÍA 22 DE DECEMBRO ÁS 10 DA MAÑÁ! Non faltedes!





jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Grazas ao blogue "Burbullas de PT" por compartir con nós todos estes contos e curtametraxes. Nun día coma hoxe, reflexionamos desde o corazón e o respecto á diferenza. Lembrade: "A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz".