lunes, 14 de mayo de 2012

Visita de Gloria Sánchez

A escritora Gloria Sánchez visitounos o pasado día 11 de maio para pasar connosco unha xornada moi especial, adicada ás súas obras. Por iso os nenos e nenas do noso cole fixeron estes traballos tan chulos que podedes ver nesta presentación:

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize your own presentación

A visita foi moi entretida e @s alumn@s aproveitaron para que Gloria lles adicara os seus libros. Para agradecerlle a súa visita o cole agasallouna cun ramo de flores e unha figuriña de barro de Buño moi chusquiña.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación created with Smilebox

Conto de 2º

A primeira semana de maio os nenos e nenas de 2º foron os encargados de entreter ao resto do alumnado do centro cun conto titulado "O príncipe non durme". O fixeron moi ben e a historia gustou bastante.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

martes, 24 de abril de 2012

23 de abril: Día do Libro

A celebración do Día do Libro no noso centro comezou coa exposición dos Libros Favoritos ao longo da semana. O día 23 de abril cada curso fixo lectura grupal na biblioteca de libros coma "O Quixote", empregando tamén o libro electrónico para que os alumnos e alumnas o coñecesen. Despois do xantar houbo unha proxección na que se explicaban as andanzas de Don Quixote e se levou a cabo a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. O concurso tivo 5 gañadores, xa que a calidade dos traballos dos nenos e nenas da Capela fixo moi difícil escoller soamente un.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize your own presentación

martes, 17 de abril de 2012

Exposición para o Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro os nenos e nenas da Capela deseñaron marcapáxinas para un concurso e trouxeron da casa o seu libro favorito para compartir con todos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create a presentación

martes, 10 de abril de 2012

Conto d@s alumn@s de terceiro

Como cada derradeiro mércores de cada mes chegou a hora do conto, e esta vez lles tocou aos nenos e nenas de terceiro. Sorprenderon cunha visión moi divertida da educación actual, que incluía unha versión do famoso "Se eu che pego" con coreografía e todo!!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create your own presentación

martes, 13 de marzo de 2012

Conto de 4º

Os alumn@s de cuarto nos fixeron pasar unha agradable tarde de mércores coa historia dunha ratiña moi peculiar...

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación made with Smilebox

miércoles, 1 de febrero de 2012

Conto dos alumn@s de 5º

A finais de xaneiro os alumnos de 5º representaron un conto titulado "O casamento da Pulga e o Piollo". A verdade é que nos fixeron pasar un bo rato cunha historia chea de bichiños moi simpáticos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Make your own presentación