| Create a presentación |
martes, 17 de abril de 2012
Exposición para o Día do Libro
Para celebrar o Día do Libro os nenos e nenas da Capela deseñaron marcapáxinas para un concurso e trouxeron da casa o seu libro favorito para compartir con todos.
martes, 10 de abril de 2012
Conto d@s alumn@s de terceiro
Como cada derradeiro mércores de cada mes chegou a hora do conto, e esta vez lles tocou aos nenos e nenas de terceiro. Sorprenderon cunha visión moi divertida da educación actual, que incluía unha versión do famoso "Se eu che pego" con coreografía e todo!!
| Create your own presentación |
martes, 13 de marzo de 2012
Conto de 4º
miércoles, 1 de febrero de 2012
Conto dos alumn@s de 5º
A finais de xaneiro os alumnos de 5º representaron un conto titulado "O casamento da Pulga e o Piollo". A verdade é que nos fixeron pasar un bo rato cunha historia chea de bichiños moi simpáticos.
| Make your own presentación |
lunes, 12 de diciembre de 2011
Conto d@s alumn@s de 6º
miércoles, 26 de octubre de 2011
Día das Bibliotecas Escolares
O pasado 24 de outubro foi un día moi especial para min: O Día das Bibliotecas Escolares. Para celebralo os nenos e nenas do cole participaron nun concurso de slogans de animación á lectura. Os mestres do cole seleccionaron un finalista de cada curso.
O noso novo dire David fixo a entrega de premios. Regalou a cada finalista un lapis moi chulo para que sigan escribindo cousas tan bonitas como as que aparecen nos seus slogans.
Nerea foi a finalista de 1º.
Brais foi o finalista de 2º.
Xeila foi a finalista de 6º.
E a gañadora do concurso de slogans para a animación á lectura foi... Andrea de 3º co seu slogan: "Lendo viaxarás a mundos fantásticos"! O premio que recibiu foi un libro de misterio titulado: "Mefi, Sata e Demi"
O luns 24 de outubro se fixo a entrega de premios, amenizada polo profe Xabi coa lectura dun conto adicado ás bibliotecas.
O noso novo dire David fixo a entrega de premios. Regalou a cada finalista un lapis moi chulo para que sigan escribindo cousas tan bonitas como as que aparecen nos seus slogans.
Nerea foi a finalista de 1º.
Brais foi o finalista de 2º.
Andrea foi a finalista de 3º.
Sandra foi a finalista de 4º.
Noelia foi a finalista de 5º.
Xeila foi a finalista de 6º.
E a gañadora do concurso de slogans para a animación á lectura foi... Andrea de 3º co seu slogan: "Lendo viaxarás a mundos fantásticos"! O premio que recibiu foi un libro de misterio titulado: "Mefi, Sata e Demi"
Os finalistas posan cos seus slogans.
miércoles, 14 de septiembre de 2011
Benvid@s de novo!!
Ola amiguiños. Xa estades de volta no cole un curso máis. A verdade é que xa me tardaban as vosas visitas á biblioteca. Lembrade que me podedes visitar cada día durante o recreo da tarde para pasar un bo rato viaxando polas páxinas dos libros. Este curso teremos moitísimas sorpresas, concursos, visitas e novidades que non podedes deixar pasar.
Biquiños do voso amigo Cusco!!
Biquiños do voso amigo Cusco!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)