viernes, 28 de enero de 2022

DÍA DA PAZ 2022 - Un desexo solidario

Esta semana recibimos unha carta de Cusquiño onde nos invitaba a celebrar o día escolar da Paz de forma un pouco diferente. Como xa sabedes, nestas datas lembramos a necesidade de manter cada día unha actitude respectuosa cos demais e dámoslle a importancia que merecen a valores como a empatía, a amizade, a amabilidade, a colaboración ou a xenerosidade. Pero non se trata só de lembralo, senón de actuar

Conta unha lenda xaponesa que realizando moitas grullas de papel (unha figura de papiroflexia símbolo da paz) os desexos fanse realidade. Pois nós estivemos creando moitas pombas co obxectivo de lograr UN DESEXO SOLIDARIO.

Conseguimos reunir unha cantidade considerable de alimentos que serán repartidos polo Concello entre todas aquelas persoas que máis o necesitan. A cambio, cada un de vós levastes os corazóns e pombas que fixemos para desexarvos toda a felicididade do mundo, así como unha pulseira que simboliza a amizade e a unión de todos os/as alumnos/as do cole para lograr este obxectivo común. 

Moitas grazas a todas as familias colaboradoras e tamén ao concello de A Capela. 




Como vedes, démoslle unha segunda vida aos libros de expurgo da biblio: 


 

miércoles, 19 de enero de 2022

CONTOS PARA ESCOITAR, en voz de Charo Pita

Ola compañeiras/os!

Fágovos chegar un agasallo de parte da nosa autora convidada para o vindeiro día do libro.

Como xa anunciamos, Charo Pita é unha magnífica narradora oral e púxolles voz a doce relatos pertencentes á obra "Contos ao teléfono" do xenio da literatura Gianni Rodari e que foran traducidos ao galego no seu momento por Xela Arias. 

Deste xeito, as palabras cobran vida e pasan a ser non só contos para ler senón tamén para escoitar.

Premede na imaxe e desfrutade deles! 

Cusco 🐭

Ilustración: Bea Gregores

martes, 18 de enero de 2022

MALETA VIAXEIRA "CREATIVA"

 Lembrade que a semana pasada chegou á biblio de Cusco unha nova maleta viaxeira. Estará dispoñible ata principios de febreiro. Trae material para imaxinar, crear, xogar... Non vola perdades!