viernes, 22 de diciembre de 2023

BO NADAL!

 Dende o CEIP Mosteiro de Caaveiro vos queremos desexar un bo nadal, unhas moi felices festas e un feliz aninovo! Disfrutade do tempo compartido cos vosos seres queridos e que os máis peques da casa disfruten tamén dunhas máis que merecidas vacacións!

E non atopamos mellor maneira de transmitir este desexo que compartindo con vos a postal que foi a gañadora do concurso proposto entre o alumnado de Educación Infantil, feita polo alumno Bruno.



Concurso de slogans: entrega de premios

 Aproveitando o remate do Festival de Nadal, os presentadores Ainara e Lucas de 6º curso de EP coa axuda do seu titor Juan e Patri, a mestra de inglés, entregaron os premios aos finalistas e á gañadora do Concurso de Slongas de animación á lectura no que participou o alumnado do centro.

GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS/ÁS PREMIADOS/AS!!



Tríptico de Nadal



 

lunes, 4 de diciembre de 2023

Novembro: o mes da ciencia.

 Con motivo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, dende o equipo da biblioteca escolar promoveuse a realización de diferentes experimentos científicos, co obxectivo de achegar ao alumnado este tipo de actividades que contribúen á aplicación do método científico (observación, plantexamento do problema, hipótese, diseño experimental, realización do experimento, análise dos resultados e comunicación dos mesmos) e ao consecuente aprendizaxe empírico.

Deste xeito, cada un dos diferentes cursos encargouse de poñer en práctica e gravar o experimento científico que levaron a cabo na aula.

Deixamos nesta entrada a listaxe dos enlaces que vos redirixirán ao espazo onde poderedes ver cada un destes experimentos.

BLOG INFANTIL

BLOG PRIMEIRO CICLO

BLOG SEGUNDO CICLO

BLOG TERCEIRO CICLO

Esperamos que vos gusten.


https://www.youtube.com/watch?v=czSrZyF-EPs


https://www.youtube.com/watch?v=YVS6rkLnXYI


https://www.youtube.com/watch?v=TMJZXfhetow


https://www.youtube.com/watch?v=YPbnRM3CUWI


https://www.youtube.com/watch?v=vadrhywdUM4


https://www.youtube.com/watch?v=0u8sJWnq4ao&t=9s


martes, 28 de noviembre de 2023

25N: Obradoiros en favor da igualdade.

 O pasado venres 24 de novembro e tamén co motivo da conmemoración do 25N (Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres), tiveron lugar ao longo da xornada lectiva diferentes obradoiros destinados aos diferentes ciclos educativos. A continuación vos deixamos un pequeno resumo coas imaxes do día.

EDUCACION INFANTIL: CONTACONTOS POLA IGUALDADE + MANICURA DE CORES


1º CICLO DE PRIMARIA: CONTACONTOS + MANUALIDADE "LENTES DE CORES"


2º CICLO DE PRIMARIA: SCAPEROOM

O alumnado de 3º e 4º de EP, a través deste xogo de busca de estratexias para a resolución de retos, coñeceron algunhas personalidades que axudaron no camiño pola igualdade.


3º CICLO DE PRIMARIA: PASAPALABRA SOBRE A IGUALDADE



Ao remate da xornada, tanto o profesorado como o alumnado do cole foi agasallado cunha fermosa bolsa que contiña unha botella e unha libreta coa mensaxe de "A CAPELA SUMA, CADA MULLER SUMA".


Aproveitamos este espazo para agradecer ao Concello da Capela por facer posible levar a cabo este tipo de iniciativas.





O Teatro ven ao cole: "Travesía Unicornio"

 O pasado xoves 23 de novembro e co motivo da conmemoración do 25N (Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres), a compañía dramática "Teatro dos Ghazafelhos" veu ao cole para representar unha das súas obras, coñecida baixo o título de "Travesía Unicornio".


Ao longo da mesma, invítanos a reflexionar sobre si é igual de válido un xenio e unha xenia, así como o dereito a que cada quen sexa o que queira ser sen deixarnos influír polos roles preestablecidos na sociedade.


Todas as nenas e nenos disfrutaron moitísimo coa obra, e por iso nos gustaría aproveitar este espazo para amosar o noso máis sinceiro agradecemento á compañía dramática Teatro dos Ghazafelhos, por xogar un papel tan importante na contribución, desde o campo do arte,  á transmisión de valores como a igualdade, a tolerancia, o respecto, e en definitiva á mellora da sociedade na que vivimos.


Obradoiro de xogos

 As mestras Alba e Sandra, coa sempre benvida axuda do alumnado de 6º curso de EP, plantexaron e desenvolveron un obradoiro de xogos de mesa que foi levado a cabo durante a semana do 13 de novembro. Cada día desa semana destinouse á aplicación desta dinámica nun dos diferentes cursos de EI e EP.

Con este tipo de iniciativas e a través dos diferentes xogos plantexados, conseguimos traballar diferentes aspectos relevantes como a memoria, a atención, a aceptación de normas e regras, o aprendizaxe entre iguais, etc.






lunes, 13 de noviembre de 2023

Día do peón.

 Un ano máis celebramos o día do peón no cole, e... que ben o pasamos!, comezamos ca lectura do pregón a cargo do alumnado de 6º, continuamos ca tradicional canción e baile conxunto "Fago o camiño" despois tocou lanzamento conxunto de peóns e para rematar un anaco de diversión con xogos tradicionais nos que os nenos e nenas de 5º foron os expertos.

Tamén decoramos peóns que intercambiamos co colexio de Cabanas!











martes, 7 de noviembre de 2023

Visítanos a Escola de Música

O pasado venres 3 de novembro, o persoal da Escola de Música da Capela veu visitarnos co obxectivo de achegar ás nenas e nenos o interese e a paixón pola música e a aprendizaxe da mesma. 

Dous dos profes que na actualidade ensinan na Escola de Música, fixeron varias demostracións e tocaron diversos instrumentos como a gaita, o acordeón, as congas ou a batería.

Grazas ao talento, a simpatía e o bo facer destes profes, o alumnado disfrutou moito coa visita e moitos quedaron con ganas de máis. Unha das claves foi que en todo momento as rapazas e os rapaces participaron activamente acompañando a música producida polos profes e máis por antigos alumnos da escola (que aínda lembraban moi ben como tocar, por exemplo, a batería).

Todo aquel que quixo, tivo a oportunidade de acompañar facendo ritmo con instrumentos que se foron repartindo: baquetas, pandeiros, claves, tamboriles, bombos ou mesmo con palmas.


Dende a Escola de Música da Capela, abren as súas portas a todas ás nenas e os nenos do cole que estén interesados en aprender a tocar calquera tipo de instrumento!!



sábado, 4 de noviembre de 2023

Un día moi especial

O pasado martes 31 de outubro, as nenas e os nenos entraban pola porta do cole dun xeito moi diferente ao habitual. Con todo o cole decorado e as cabazas expostas, chegaba o día de celebrar o Samaín, así que en lugar de nenas e nenos, comezamos a recibir bruxas, esqueletos, vampiros, bonecas diabólicas e unha morea de alumnos/as disfrazados e dispostos a pasar un día divertido e diferente.

Ata o tempo de recreo, a xornada lectiva estivo dentro da normalidade. Ás 12:00, todos baixaron ao recreo cunha cestiña feita con papel de periódico que despois foron enchidas coas castañas que con todo o cariño se asaron na cociña do comedor do cole. Foron un éxito e os nenos puideron degustar unha merenda diferente e moi típica do outono galego.

Unha vez rematado o recreo, no mesmo pavillón organizáronse unha serie de divertidos xogos (empregando castañas) dispostos en estacións para que os distintos ciclos foran rotando e disfrutando da práctica de cada un deles: a Mariola, o Castañacesto, a Bomba, Carreiras de relevos...

Neste tempo de xogo, fíxose un pequeno descanso para nomear aos finalistas do concurso de cabazas, que recibiron unha bolsiña con agasallos relacionados co Samaín e máis un diploma. 

Unha vez nas aulas e antes do remate da xornada, todos aqueles/as que participaron no concurso de cabazas foron tamén premiados cun diploma e un lápiz temático.

Deixamos nesta entrada do blog un vídeo resumo deste día diferente. Unha aperta! 




Concurso de slogans de animación á lectura

Con motivo do día das bibliotecas escolares e a apertura das bibliotecas do centro, o alumnado participou no concurso de slogans de animación á lectura promovido polo equipo de biblioteca.


Partindo dunha plantilla común que só constaba dun marco e un pequeno Cusco na marxe inferior esquerda, os/as participantes tiñan que elixir un dos catro modelos de globo que se lles ofreceu para diseñar unha viñeta de cómic onde escribir o seu slongan. 

De seguido publicamos os finalistas de cada ciclo, dos cales sairá o gañador, cuxo traballo será publicado no tríptico de Nadal.

Educación Infantil

1º Ciclo de EP

3º curso de EP

4º curso de EP

5º curso de EP

6º curso de EP


Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa participación e esforzo!

lunes, 30 de octubre de 2023

Novidades Samaín

 Aquí vos deixamos algunhas novidades para celebrar o Samaín.


Día das bibliotecas escolares

O pasado xoves celebramos no cole o día das bibliotecas escolares no cole. Todo tivo lugar na aula de música. 

Para comezar, o alumnado de sexto de EP fixo unha pequena introdución explicando ao resto das compañeiras e compañeiros do centro por que é importante fomentar a lectura en xeral e o uso das bibliotecas en particular. 

Seguidamente, procederon a entregar as medallas para os finalistas (dous por ciclo) do concurso de slogans de animación á lectura, dos cales sairá elixido o gañador/a cuxo traballo será publicado no tríptico de Nadal. 

A maiores fixeron unha representación teatral que poderedes ver no video-resumo que publicamos nesta mesma entrada. Nela se fai unha crítica constructiva dos problemas que implica o uso excesivo das pantallas e o bo que sería reducir o tempo fronte a elas en beneficio de tempo de lectura de calidade, coma unha forma de aprender, viaxar e coñecer novos mundos sen movernos da cadeira.
Finalmente, todos os nenos pasaron a recoller, tamén da man dos seus compañeiros/as de sexto, unha galleta cun fermoso estampado relacionado co día que estábamos a celebrar.

 

jueves, 26 de octubre de 2023

Chegan as MOCHILAS VIAXEIRAS!

O vindeiro luns día 30 de outubro, cada un dos cursos poderá disfrutar das xa coñecidas "mochilas viaxeiras". Cada nena e neno terá dereito a levar para casa a mochila viaxeira que se lle otorgou ao seu curso, de xeito que as mochilas irán viaxando de fogar en fogar, vindo de volta ao cole para cada cambio de usuario.
A nena ou neno que leve a mochila para casa, terá ao seu alcance, durante dúas semanas, unha selección de libros adecuada ao seu curso académico. Pasado ese tempo, a mochila viaxeira terá que volver ao cole para que a leve outro compañeiro/a.
DISFRUTADE TODO CANTO POIDADES ESTA VIAXE FERMOSÍSIMA!!!

miércoles, 25 de octubre de 2023

Imos ver un contacontos!

O pasado luns 23, como xa anunciamos no cartaz publicado hai uns días no blog, as nenas e nenos do cole acudiron á Casa da Cultura de A Capela para disfrutar das historias que con tanto humor e cariño íalles contar a talentosa Raquel Queizás.


Soamente coa axuda dunha maleta grande e moi vella, un par de manteis e uns cantos títeres feitos a man con cousas da casa, Raquel Queizás foi quen de transportar aos nenos (e tamén a nós os mestres) a lugares e tempos pasados, nos que lembraba historias que vivía ou lle contaba a súa querida avoa. 


As falcatruadas dun trasno que se bañaba no seu vaso de leite e que tanto fixeron rir aos nenos, o temible Papón que comía cantas persoas tiña ao seu redor, ou a famosa historia da Cova da Moura, foron algúns dos contos tradicionais cos que Raquel fixo disfrutar a todos os que tivemos a sorte de ir ver o seu espectáculo.  




lunes, 23 de octubre de 2023

Formación entre iguais: uso da biblioteca.

 As rapazas e os rapaces de 6º curso de EP (a quenes dende aquí lles agradecemos moitísimo o seu interese, esforzo e bo facer), explicaron ao resto dos alumnos/as do cole tanto o funcionamento e a organización das súas respectivas bibliotecas como as normas de emprego das mesmas (días, horarios, emprego dos tarxetóns, préstamos, etc.).


O mércores 18 de outubro e aproveitando o tempo do plan lector, fíxeron a formación para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.

Dous días máis tarde, o venres 20 e no mesmo horario da xornada lectiva, foron os nenos/as de 2º ciclo de E.P. máis os compañeiros de 5º curso os que puideron aprender do que lle contaban os máis maiores do cole. 



Cusco está feliz por recibir a tantas nenas e nenos, presentes e futuros lectores da súa biblioteca, que con tanta paixón coida!!!