miércoles, 25 de octubre de 2023

Imos ver un contacontos!

O pasado luns 23, como xa anunciamos no cartaz publicado hai uns días no blog, as nenas e nenos do cole acudiron á Casa da Cultura de A Capela para disfrutar das historias que con tanto humor e cariño íalles contar a talentosa Raquel Queizás.


Soamente coa axuda dunha maleta grande e moi vella, un par de manteis e uns cantos títeres feitos a man con cousas da casa, Raquel Queizás foi quen de transportar aos nenos (e tamén a nós os mestres) a lugares e tempos pasados, nos que lembraba historias que vivía ou lle contaba a súa querida avoa. 


As falcatruadas dun trasno que se bañaba no seu vaso de leite e que tanto fixeron rir aos nenos, o temible Papón que comía cantas persoas tiña ao seu redor, ou a famosa historia da Cova da Moura, foron algúns dos contos tradicionais cos que Raquel fixo disfrutar a todos os que tivemos a sorte de ir ver o seu espectáculo.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario