lunes, 30 de octubre de 2023

Día das bibliotecas escolares

O pasado xoves celebramos no cole o día das bibliotecas escolares no cole. Todo tivo lugar na aula de música. 

Para comezar, o alumnado de sexto de EP fixo unha pequena introdución explicando ao resto das compañeiras e compañeiros do centro por que é importante fomentar a lectura en xeral e o uso das bibliotecas en particular. 

Seguidamente, procederon a entregar as medallas para os finalistas (dous por ciclo) do concurso de slogans de animación á lectura, dos cales sairá elixido o gañador/a cuxo traballo será publicado no tríptico de Nadal. 

A maiores fixeron unha representación teatral que poderedes ver no video-resumo que publicamos nesta mesma entrada. Nela se fai unha crítica constructiva dos problemas que implica o uso excesivo das pantallas e o bo que sería reducir o tempo fronte a elas en beneficio de tempo de lectura de calidade, coma unha forma de aprender, viaxar e coñecer novos mundos sen movernos da cadeira.
Finalmente, todos os nenos pasaron a recoller, tamén da man dos seus compañeiros/as de sexto, unha galleta cun fermoso estampado relacionado co día que estábamos a celebrar.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario