Fai xa uns aniños que moitos países
se comprometeron a facer deste planeta un lugar mellor onde vivir. Para iso, marcaron na
súa axenda varios obxectivos (se queres saber máis, entra aquí).
No cole reflexionamos sobre o significado dalgúns deles e elaboramos uns estupendos carteis que van incluídos no calendario do ano 2021.
Queremos poñer o noso gran de area para crear conciencia.
Cusco está convencido de que esta selección de lecturas e música son ideais para os próximos días de inverno na casa. Botádelles un vistazo e lembrade que sería estupendo incluir algunha nos vosos desexos de Nadal! 🎄📖⛄
O Nadal xa chegou! Como o sabemos? Por que está á volta da esquina un dos eventos máis famosos do noso cole. Pásovos con Cusco para que vos conte máis detalles.
Avisados e avisadas quedades. Este será un momento único na vida, un espectáculo coma ningún outro onde animaremos este ano con bailes, cancións, idiomas, adiviñas, desexos e ata anuncios. Acompañados por suposto dos mellores presentadores que puidemos atopar: os nenos e nenas de 6º de Primaria.
Aquí vos deixo o tráiler oficial para que vos vaiades mentalizando:
Podedes ver todo o festival dende a páxina web do cole (facede clic AQUÍ), dende o blogue da biblio e por suposto dende a nosa canle de YouTube (buscade "Cusco A Capela").
Ide apuntando na axenda! MARTES DÍA 22 DE DECEMBRO ÁS 10 DA MAÑÁ! Non faltedes!
Grazas ao blogue "Burbullas de PT" por compartir con nós todos estes contos e curtametraxes. Nun día coma hoxe, reflexionamos desde o corazón e o respecto á diferenza. Lembrade: "A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz".
Esta semana pasada tamén celebramos o DÍA DO PEÓN. Dicímoslle ben alto ao coronavirus: Non vas poder con nós! Como berran no anuncio do Gadis. E aquí estamos outro ano mantendo tradicións fermosas coma esta. E seguiremos!
Graciñas rapazas e rapaces de 5º e 6º por achegarnos unhas lecturas tan interesantes relacionadas coa violencia e igualdade de xénero. Como dicían as vosas pulseiras: "Contra a violencia, palabras que agariman". 💜👏
Neste curso tan atípico da gusto ver que non perdemos as costumes. Seguimos a desfrutar dunhas boas castañas, seguimos a facer xogos con elas, seguimos a crear as nosas propias e únicas cabazas, seguimos a cantar e sobre todo con moito optimismo e alegría.
E por suposto tamén recollo aquí un vídeo que gravei hoxe destas fermosas e terroríficas cabazas que apareceron na herbiña na que xogo eu.
E mirade que ben quedaron nos marcapáxinas! Agardo que vos acompañen nas vosas lecturas favoritas.
Agora aquí abaixo déixovos coas fotografías que quitamos hoxe. A verdade é que a mascarilla favorécenos moito, sobre todo a min! Un saúdo moi grande a todos e todas vós, aínda que non poidades vir ata a biblio tanto coma antes, eu si que podo ir ata as vosas clases tantas veces como sexan necesarias.
Desfrutade desta preciosa curtametraxe. As bibliotecas sempre estarán ao noso carón, visitádeas e vivide as historias que os libros esconden. Feliz día!
Este xoves 22 volveremos unha vez máis á casa da cultura para que Atenea García nos narre "Estrafalaria". Desta volta tocaralles a 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 👏📖
Nuns días teremos a oportunidade de participar neste xenial contacontos da man de Caxoto. Nesta ocasión, os espectadores serán os/as compañeiros/as de Educación Infantil máis 1º e 2º de Educación Primaria. 👏📖
Hoxe o noso amigo Cusco xa nos fixo chegar a primeira das cartas deste curso. Ademais de explicarnos as novas normas de uso da biblio, proponnos tamén a primeira das actividades para o vindeiro Día das Bibliotecas. Xa sabedes, creatividade ao poder! 💡🎨📖
Mañá, 18 de setembro, o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria iremos á Casa da Cultura para desfrutar desta interesante e divertida historia 📖👏
Ola compañeiras/os!
Que ganas tiña de que volvésedes ao colexio! Estaba un pouco triste sen vós, botaba de menos esas risas e conversas. Parece que este curso vai ser un pouco diferente, para empezar, todos levamos máscara de súper heroes! Gústavos a miña?
As vosas mestras e mestres máis eu estamos a traballar para poder abrir a biblioteca o antes posible. Teredes noticias miñas axiña!
Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano adícanse a: Ricardo
Carvalho Calero e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas
letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos,
escoller unha músicaadecuada.
Se queredes ao
longo da vindeira semana podedes facer una gravación bailando e cantando unha
canción en galego. Podedes gravarvos coa familia. Despois, enviádenos o vídeo a
seguinte dirección de correo: ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es
Colgaremos todos os bailes e cancións no blogue da biblioteca.
Ademais tamén
deixamos uns enlades para que indaguedes sobre o autor homenaxeado do Día das
Letras Galegas 2020.
Trátase dun vídeo narrado coas voces dos alumn@s do Colexio San Pío X
(Ourense) e que conta a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero:
Na páxina www.seminariogalan.orgpoderedes atopar actividades interactivas sobre
Ricardo Carvalho Calero, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario,
marcapáxinas, biografía, fotos, vídeo...
E por último engadimos actividades para os diferentes niveis
que podedes facer online e en familia. Como actividade introductoria podedes ver un trailer sobre a biografía de Carvalho Calero:
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou un díptico para conmemorar este día, recurrindo ao xornalista e divulgador da cultura galega Manuel Gago.
Como xa sabedes, o 23 de abril, conmemórase o DÍA DO LIBRO así que déixovos uns contiños para que poidades visualizar coas vosas familias e tamén unhas actividades Lim para que coñezades mellor quen é Don Quijote de la Mancha.
Ahhhh! Mañá, día 24 de Abril, sairá publicado neste blogue da biblioteca o gañador do marcapáxinas. Que por certo, teño que recoñecer que son ben bonitos!!!!!
Moitas grazas por participar e sobre todo por ler estas palabriñas do voso ratiño Cusco.
Moitos bicos a tod@s amig@s. Cusco
CONTOS DE PINTO & CHINTO
ACTIVIDADES LIM SOBRE DON QUIJOTE
Antes de facer os xogos, podedes ver no seguinte vídeo un repaso da súa vida: