domingo, 31 de octubre de 2021

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Esta semana os maiores do cole explicáronlles aos máis novos como funcionaba a biblioteca de Cusco: cales son as normas, como se buscan os libros, como é o carné de socio, para que serven os tarxetóns brancos e de cores, etc. Algún xa o sabía, pero nunca está demáis refrescar a memoria. Con esta actividade, pechamos a celebración do Día das Bibliotecas. 

viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN: Exposición de cabazas

 Magníficas cabazas! Con elas, guiaremos aos espíritus bos e espantaremos aos malos na noite de Samaín. Graciñas por traelas e encher o recibidor de misterio e creatividade. Grazas tamén ás familias pola vosa colaboración. Sodes os/as mellores! 🎃

Cusco🐭


Se queredes saber máis sobre a historia e orixes do Samaín, entrade aquí.

Déixovos tamén unha curta para todos os públicos, que xa é todo un clásico por estas datas: 
"Silly Symphonies - The Skeleton Dance" Walt Disney Animation Studios. Licencia Youtube estándar.

E aquí os agasallos recibidos pola vosa participación. Agardo que vos gustasen!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: OUTUBRO

Bruxas, misterios, sustos, esqueletes, calacús, vampiros... Cusco está seguro de que estas lecturas vos van encantar. Moitas delas son tamén novidades. Non volas perdades! 📖


lunes, 25 de octubre de 2021

AS MOCHILAS SAEN DE VIAXE!

 Hoxe saíron as mochilas máis viaxeiras do colexio. Os encargados de repartilas foron os/as compañeiros/as de 6º, que sempre colaboran de boa gana nas actividades da biblio.

Disfrutade da aventura de ler acompañados/as das vosas familias!


viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Que ben o pasamos hoxe!

Estou moi contento por celebrar na vosa compañía este día tan especial para min e para o meu pequeno-gran recuncho do colexio: a biblioteca. 

Comezamos o día na Casa da Cultura para encontrarnos de novo co Mago Paco e os seus magníficos e divertidos trucos enleados con entretidos contos. Grazas á Biblioteca Municipal por invitarnos unha vez máis e tamén á empresa de transporte García Seco, que nos salvou dalgunha molleira nestas visitas.


Á volta, o alumnado colaborador de 6º deleitounos cun xenial contacontos. Desfrutamos e sobre todo, rimos coas historias que con tanto esmero prepararon nestes días coa axuda da súa titora. Talento non vos falta! Lembrade que, se queredes coñecer o final de cada unha delas, agárdanvos na biblio.


Finalmente, revelamos o nome dos/as finalistas do concurso de slogans (podedes consultalos na publicación anterior) e recibimos, con moito agarimo, un agasallo moi doce: a tradicional galleta. Espero que vos gustara! 

Abaixo déixovos o vídeo. 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS A TODAS E TODOS! 📖📚

Cusco 🐭

FINALISTAS DO CONCURSO DE SLOGANS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Bo día compis

Un ano máis, moitas grazas por participar no concurso - exposición. Con artistas coma vós, resultoume moi complicado tomar unha decisión, pero hai que facelo. Logo de repasar un a un os vosos magníficos slogans, considero que as/os finalistas deben ser: 

4º de Infantil (3 anos): Sabela
5º de Infantil (4 anos): Olalla
6º de Infantil (5 anos): Lucas
1º EP: Inés
2º EP: Yaiza
3º EP: Xoel
4º EP: Andrea e Ainara (compartido)
5º EP: Sara
6º EP: Lara

Noraboa! 
Lembrade que para coñecer o/a gañador/a haberá que agardar á publicación do tríptico de Nadal.

Cusco.

miércoles, 20 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Achégase o día máis especial para as bibliotecas e, por suposto, para a de Cusco. Así que anotade na axenda: este venres 22 estamos de celebración!

Velaquí volo explican as/os nosas/os compis de sexto:


Neste curso, o cartel de conmemoración destaca o papel das bibliotecas como ventanas abertas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir. Podedes ler máis aquí.

martes, 19 de octubre de 2021

CONCURSO - EXPOSICIÓN: Slogans de animación á lectura

Grazas a todas/os pola vosa participación! Quedaron uns slogans moi feitiños cos que deixades claro que a lectura é sempre a mellor opción. 

O venres, no acto do Día das Bibliotecas, anunciaranse os nomes das/dos finalistas. 📚



sábado, 16 de octubre de 2021

A CARTEIRA DE AUGASCLARAS

"Correeeooo! Correeooo!" Así nos recibía a carteira de Augasclaras. Cada unha das cartas que nos entregaron viña acompañada dunha fermosa historia: a de Artur e Clementina, a de Rosa Caramelo e a de Eu vou comigo. Desfrutamos da súa forma de contar e da posta en escena, con eses títeres e personaxes tan feitiños. Graciñas! 


miércoles, 13 de octubre de 2021

ESPECTÁCULO: "A carteira de Augasclaras"

Mañá, 14 de outubro, Carmen Domenech traeranos unha gran historia á Casa da Cultura: A carteira de Augasclaras. De novo, grazas á Biblioteca Municipal por convidarnos. Non nola perdemos!

lunes, 4 de octubre de 2021

CARTA DE CUSCO!

Hoxe tivemos noticia de Cusco, por fin! Coa súa carta, chegáronnos as normas de funcionamento da biblio para este curso así como a invitación para participar na primeira das actividades. 

Preparade esa imaxinación!


Graciñas ao alumnado colaborador de 6º pola súa labor!