martes, 28 de noviembre de 2023

O Teatro ven ao cole: "Travesía Unicornio"

 O pasado xoves 23 de novembro e co motivo da conmemoración do 25N (Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres), a compañía dramática "Teatro dos Ghazafelhos" veu ao cole para representar unha das súas obras, coñecida baixo o título de "Travesía Unicornio".


Ao longo da mesma, invítanos a reflexionar sobre si é igual de válido un xenio e unha xenia, así como o dereito a que cada quen sexa o que queira ser sen deixarnos influír polos roles preestablecidos na sociedade.


Todas as nenas e nenos disfrutaron moitísimo coa obra, e por iso nos gustaría aproveitar este espazo para amosar o noso máis sinceiro agradecemento á compañía dramática Teatro dos Ghazafelhos, por xogar un papel tan importante na contribución, desde o campo do arte,  á transmisión de valores como a igualdade, a tolerancia, o respecto, e en definitiva á mellora da sociedade na que vivimos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario