martes, 7 de noviembre de 2023

Visítanos a Escola de Música

O pasado venres 3 de novembro, o persoal da Escola de Música da Capela veu visitarnos co obxectivo de achegar ás nenas e nenos o interese e a paixón pola música e a aprendizaxe da mesma. 

Dous dos profes que na actualidade ensinan na Escola de Música, fixeron varias demostracións e tocaron diversos instrumentos como a gaita, o acordeón, as congas ou a batería.

Grazas ao talento, a simpatía e o bo facer destes profes, o alumnado disfrutou moito coa visita e moitos quedaron con ganas de máis. Unha das claves foi que en todo momento as rapazas e os rapaces participaron activamente acompañando a música producida polos profes e máis por antigos alumnos da escola (que aínda lembraban moi ben como tocar, por exemplo, a batería).

Todo aquel que quixo, tivo a oportunidade de acompañar facendo ritmo con instrumentos que se foron repartindo: baquetas, pandeiros, claves, tamboriles, bombos ou mesmo con palmas.


Dende a Escola de Música da Capela, abren as súas portas a todas ás nenas e os nenos do cole que estén interesados en aprender a tocar calquera tipo de instrumento!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario