lunes, 10 de abril de 2023

 OBRADOIRO FIN DE TRIMESTRE 

O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, todo o alumnado participou nunha xornada de xogos de mesa cooperativos proporcionados dende a nosa biblioteca. E sabedes que? Todos os xogos están dispoñibles! Organizáronse diferentes grupos onde os nenos e nenas maiores encargáronse de explicar as regras dos xogos aos máis pequenos. Entre todos e todas desfrutaron dun ratiño aprendendo uns de outros.

Este obradoiro levouse a cabo tendo en conta que o xogo é unha parte fundamental no desenvolvemento cognitivo durante a infancia. Ademais desenvolve as habilidades sociais, a creatividade, o pensamento crítico e axuda a nenos e nenas a aprender de xeito divertido. 

Deixámosvos unhas imaxes do que fixemos. Pasámolo xenial!


No hay comentarios:

Publicar un comentario