lunes, 24 de abril de 2023

 DÍA DO LIBRO

Celebramos este día coa visita da escritora Ana Meilán, quen realizou contacontos con todos os cursos do cole sobre os seus libros, ademais dun taller de escritura cos grupos de 5º e 6º. Queremos darlle as grazas por compartir unha mañá chea de historias preciosas, as cales lémbranos a maxia e a importancia da lectura. O seu traballo está feito con moito cariño e as súas historias divertíronnos un montón.

Os contos foron traballados previamente cos titores e titoras. Incluso a súa autora firmounos e adicounos a cada neno e nena que o trouxo!

En Educación Infantil limos "O aire do lobo Rigoberto", en 1º ciclo "As chaves dos soños", en 2º ciclo "Un universo na túa maleta" e no 3º ciclo "O que a serea esqueceu".

Sen dúbida, quédannos moitas viaxes pendentes. Así é como Ana describe a lectura, unha viaxe apaixoante onde para mercar o billete imos a unha librería a por outro libro. Fai referencia a isto en cada libro e ata deulle un pasaporte lector ao alumnado de 3º e 4º. Que sorte!

Deixámosvos algunhas imaxes deste día:




Tamén fixemos un precioso mural cos diferentes elementos e personaxes dos contos de Ana Meilán. Tanto o alumnado de infantil como o de primaria traballou moito. Mirade que bonito quedou!


No hay comentarios:

Publicar un comentario