viernes, 20 de mayo de 2011

Visita de Concha Blanco

A escritora Concha Blanco visitou o noso cole o pasado 28 de abril e pasou o día cos nenos e nenas da Capela.

Pola mañá falou cos nenos e nenas de infantil sobre o seu libro "A casa de cartón".



E adicou os exemplares do seu libro aos nenos que o levaron.


Pola mañá tamén tivo tempo para falar cos nenos e nenas do primeiro ciclo sobre "A vaca titiriteira".


E despois lles adicou os exemplares do libro que tiñan con eles.


Os alumn@s de segundo ciclo convertíronse en escritores e lle regalaron a Concha Blanco estes libros que fixeron eles mesmos.

  
Tamén falaron con Concha sobre "A camioneta da media risa" e "A bruxiña da sorte".







Pola tarde tamén tivo tempo para falar cos maiores, cos alumn@s de terceiro ciclo, sobre "A min que me importa".



Os nenos e nenas de 5º e 6º escribiron contos que lle leron a Concha Blanco, e parece que lle gustaron moito.






A escritora pasou un día tan especial no CEIP Mosteiro de Caaveiro que dixo que tería que falar dos nenos e nenas da Capela nun dos seus novos libros!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario