martes, 10 de mayo de 2011

Día do Libro

Como son un rato de biblioteca o día 23 de abril é un día moi especial para min, é o Día do Libro. Este ano os nenos e nenas do colexio estaban de vacacións ese día, pero non o esqueceron. Deixaron a biblioteca e o pasillo da entrada cheos de traballos moi chulos baseados en libros de Concha Blanco. E por que Concha Blanco? Porque esta escritora vainos visitar o vindeiro 27 de abril para falar de moitas cousas relacionadas cos seus libros.

Os alumn@s de infantil construiron casas de cartón coma as do libro que leron na clase.














Son preciosas!!

Os alumn@s do primeiro ciclo debuxaron as aventuras da Vaca Titiriteira nas manchas dunha vaca parecida á do libro.



E os alumn@s de cuarto fixeron a bolboreta que aparece en "A bruxiña da sorte".



No hay comentarios:

Publicar un comentario