Polo día do medioambiente, recibimos a visita de varios membros do distrito forestal de Ferrol. Utilizando un conto dos Bolechas, explicáronnos datos moi interesantes sobre as súas funcións, o seu equipamento, como loitan contra os incendios forestais, dificultades... E tamén concienciáronnos sobre a importancia de protexer a biodiversidade dos bosques: por que a existencia de eucaliptais é tan perigosa agora que se achega o verán?
Graciñas a todo o equipo e, en especial, a Martín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario