miércoles, 7 de febrero de 2024

30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

 O pasado martes 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Ata o remate do recreo foi unha xornada lectiva ao uso, se ben é certo que antes das 12:00 todo o alumnado do centro tiña que colgar na nosa Árbore da Paz o adorno relacionado con este día que trouxeron da casa. Aproveitamos de paso este espazo para dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración, compromiso e bó facer.  

A partir das 12:30 todo o alumnado e profesorado do cole reuníuse na pista azul da parte traseira do patio para formar un gran corro e cantar e bailar a coreografía que levaban preparando dende había un par de semanas co mestre David. 

A canción elixida para a ocasión foi a de "El mismo Sol", de Álvaro Soler. Unha canción sinxela e de ritmo alegre que invita á reflexión sobre como, a pesar das diferenzas, todos os seres humanos compartimos o mesmo planeta e estamos iluminados pola mesma estrela. 

Tras repetir a coreografia 3 veces, coa que nenos e adultos puidemos desfrutar moito e pasar un rato agradable e divertido, dirixímonos todos ao pavillón onde se atoparían cun circuito de xogos cooperativos organizados en 4 estacións diferentes.

Estes xogos pensáronse tanto para que os nenos o pasaran o mellor posible como para acadar o obxectivo de que se deran conta de que a maioría das veces a cooperación e o feito de axudarnos entre nos fai que todo resulte moito máis doado. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario