Luz (de FEUGA) explicounos estupendamente os
factores que inflúen na propagación de incendios e tamén como previlos e manter
o noso monte nas condicións axeitadas. Hai que lembrar que, fai unha década, parte das nosas fragas sufriron os estragos da ola de incendios que afectou a Galicia. Aínda hoxe se notan as súas pegadas e por nada do mundo queremos que se volva repetir algo así.
Deseguida puxemos rumbo a un dos
recantos do noso monte máis próximo con tres finalidades: visitar a Central
Hidroeléctrica do Eume, realizar un pequeno roteiro ata a antiga central e
continuar coa actividade de prevención de incendios que comezaramos no cole
participando nunha ginkana. Ah! E merendar nunha contorna
inigualable, por suposto.
Graciñas a todos os que colaborastes
neste gran día: o concello da Capela, Luz e Secundino.
EU, CUSCO, TAMÉN MIRO POLO MEU MONTE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario