lunes, 23 de febrero de 2015

LEMBRANDO A ROSALÍA



A Capela, 23 febreiro, 2015.   
 Ola rapaces e rapazas!
O día 24 de febreiro celebramos “O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO”,  para conmemorar o aniversario do seu nacemento (24 febreiro de 1837),en Santiago de Compostela. É considerada na actualidade  como indispensable dentro  da literatura do século XIX. Escribir en galego na época na que ela viviu non era doado, a lingua galega era desprezada e desprestixiada. Toda a tradición escrita perdérase , e poucos eran os que se atrevían a escribir en galego, de facelo serían desprestixiados socialmente. Rosalía conseguiu devolverlle o prestixio á nosa lingua co seu libro “Cantares Gallegos” que a pesar de ter título en castelán está escrita en galego. Escribiu poesía pero tamén prosa. 
As súas obras máis coñecidas son “Cantares Gallegos”, “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”.
 A obra de Rosalía continúa tendo moita atención e critica literaria, tanto en España como no estranxeiro, tal é o interese que esperta a súa obra que nas últimas décadas son moitos os seus poemas ós que lles poñen música e son cantados, e traducidos a idiomas como o francés, alemán, ruso, xaponés,….
  Rosalía finou en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Propóñovos a lectura e recitado de poemas para conmemorar  este día, na Biblioteca tedes  CD de poemas  que poderedes atopar no libro “UXÍA PEQUENA ROSALÍA” e en “RAPOEMAS”, Lembrades!.
 Agárdovos na biblioteca.