![]() |
![]() |
Personalize your own presentación |
martes, 24 de abril de 2012
23 de abril: Día do Libro
A celebración do Día do Libro no noso centro comezou coa exposición dos Libros Favoritos ao longo da semana. O día 23 de abril cada curso fixo lectura grupal na biblioteca de libros coma "O Quixote", empregando tamén o libro electrónico para que os alumnos e alumnas o coñecesen. Despois do xantar houbo unha proxección na que se explicaban as andanzas de Don Quixote e se levou a cabo a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. O concurso tivo 5 gañadores, xa que a calidade dos traballos dos nenos e nenas da Capela fixo moi difícil escoller soamente un.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario