sábado, 19 de marzo de 2011

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebrouse como todos os anos o Día da Paz. O equipo da biblioteca tivo unha idea moi orixinal para facer un mural conmemorativo: cada curso tería que escoller un valor relacionado coa Paz para traballar en colaboración coas familias. Cada nen@ levou para casa un globo de papel para decorar e escribir o que cada familia quixese sobre o valor que lle correspondía. Cando todos os titores e titoras recolleron eses globos, o equipo da biblioteca os pegou nun mural de distintas cores dependendo do curso e do valor ao que facían referencia. Mirade o resultado:









No hay comentarios:

Publicar un comentario