viernes, 30 de mayo de 2025

See you soon, Moira!

 Ohhh... esta semana tocounos despedir a Moira, a nosa auxiliar de conversa. Pero, penas fora! porque estará connosco para o curso que ven :) Marchou encantada con todos os detalliños do alumnado, e tamén cos do profesorado!  







viernes, 23 de mayo de 2025

sábado, 17 de mayo de 2025

Canta miña compañeira - Día das Letras Galegas 2025

 Vaia foliada máis bonita baixo a sombra das árbores! Os nenos e nenas do cole que van a extraescolar de pandeireta e baile galego deleitáronnos cunha actuación impresionante. Tivemos a actuación estelar do noso mestre de música David á gaita, xunto con Carlos, Bea e Jose.

Dende o cole preparamos unha sorpresiña: imprimimos o deseño 3D (realizado por algún/ha compañeiro/a do gremio, que moi xenerosamente o compartiu co resto de centros educativos) e metímolo nunha bolsiña cunha tarxetiña coa letra e un código QR para escoitar a sorpresa.





Moitísimas grazas por un día tan bonito no que celebrar ás nosa mulleres cantareiras!


jueves, 15 de mayo de 2025

Día das familias

As mestras de infantil e primeiro ciclo prepararon un precioso mural coas familias do cole: diversas, especiais e cheas de cariño. Tamén realizaron coa cortadora láser un imán de madeira co retrato de cada familia debuxado polos nenos e nenas. Que preciosidade de recordo!




martes, 13 de mayo de 2025

Antonia Carballeira... eh... non! Perdón! PAULA CARBALLEIRA!

Visita Paula Carballeira


QUE BEN O PASAMOS. PERO QUE BEN!

Coma era unha visita moi especial, os nenos e nenas prepararon unha sorpresa para Paula: unha obra de teatro baseada nos seus libros. Coma non era posible representala en directo, grabárona e estreámola ó final da visita.



Paula, eres benvida sempre que queiras! E a ver se os segredos que nos contaches non se espallan por todo Maniños...

jueves, 8 de mayo de 2025

Case todo preparado para recibir a Paula Carballeira!

 Estamos traballando nos últimos detalles para a chegada de Paula... polo momento, este é o seu rinconciño no noso cole, onde podemos atopar unha selección das súas obras.

Que ganas de que chegue o luns!