Este mes organizamos actividades para celebrar a Isaac Díaz Pardo, homenaxeado durante o Día das Artes Galegas polo seu incalculable traballo pola nosa cultura. Aquí tedes unha breve presentación que fixemos:
Polo día do libro, asistimos a un espectáculo cheo de maxia e literatura da man de Leo Leiño, organizada pola Biblioteca Pública do Concello da Capela. Dúas meigas moi simpáticas fixéronnos un percorrido por diferentes libros clásicos, coma "O Principiño", "Alicia no país das maravillas", etc.
Que vivan os libros!
Ai, ai, ai! Estos parrulos xa non saben onde agocharse, non conseguen escapar das mans dos nosos/as intrépidos/as alumnas/os! Van quedando menos... e imos descubrindo novas obras.
Estase a achegar xa o final?
Estivemos aprendendo un pouco sobre linguaxe audiovisual, e os nenos e nenas argallaron unhas pequenas animacións para poñer en práctica o aprendido. Aquí tedes unha mostra!