lunes, 10 de marzo de 2025

Isto non é unha caixa!

 A nosa compañeira Noe chegou de Italia cheiña de ideas. En Reggio Emilia ensináronlle o conto "Grandes Amigos" e moitos exemplos de como traballar doutro xeito. Argallou esta actividade:

- Unha habitación.

- Caixas e outros elementos de cartón.

- Teas e obxetos de refugallo.

- Ferramentas aptas para a cativada.

- Distintos focos de luz.

- Única norma: respetar aos compañeiros/as e o espazo.

Aquí tedes unha mostra do que pasa cando o alumnado síntese libre de facer e pensar, sen tanta guía por parte dos adultos!