CapelArte tróuxonos un festival de Nadal cheo de representacións, música, baile... Mirade, mirade...
miércoles, 25 de diciembre de 2024
domingo, 22 de diciembre de 2024
viernes, 20 de diciembre de 2024
Calendario 2025 - Convertémonos en obras de arte!
Aproveitando o PDI iniciado este curso, Capelarte, dímoslle unha volta ó calendario e convertímonos en cadros! Que? Conseguímolo? Cusco pensa que sí!
martes, 3 de diciembre de 2024
lunes, 2 de diciembre de 2024
Recreos na biblio: actividades de novembro
No mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Os voluntarios e voluntarias da biblioteca prepararon actividades relacionadas co Universo. Deixámosvos un pequeno recopilatorio:
As mochilas viaxeiras comezan o seu periplo
Por fin están xa en camiño das casas dos nenos e nenas! Preparadas con moito xeito por Cusco, coas aportacións das mestras e mestres, as mochilas viaxeiras comezan o seu percorrido deste curso.
Os encargados e encargadas da biblio fixeron un percorrido informativo sobre o seu funcionamento, mirade que atentos estaban ás súas explicacións.
Esperamos que as disfrutedes moito, que aprendades e imaxinedes con elas antes de pasalas ó seguinte compañeiro ou compañeira. Cusco está desexando ler as vosas opinións e aportacións creativas nos diarios!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)