Sabemos que podemos crear con pinceis, lápices... pero con tesouras? E se resulta que cando cortamos non so creamos unha forma senón dúas? O que sobra, o espazo negativo, tamén é unha creación. Isto aprendímolo grazas ó libro "El jardín de Matisse", de Samantha Friedman. Deunos pé a crear un mural colaborativo en EP sobre elementos mariños. Creo que isto do collage váisenos dar ben!
jueves, 31 de octubre de 2024
martes, 29 de octubre de 2024
CAMISARTE: unha nova camiseta para Cusco!
A gañadora do concurso "CAMISARTE: unha nova camiseta para Cusco" foi Olalla Paz Seco, de 2º de primaria. Parabéns Olalla!
Día das Bibliotecas 2024: estamos de estrea!
O pasado día 24 de outubro festexamos o día das bibliotecas inaugurando a nosa. Foi un día cheo de sorpresas e emocións. Os nenos e nenas puideron botarlle unha ollada a todas as novas seccións da biblio e a algunhas das novidades literarias.
Aquí podedes ler a adaptación do pregón, presentada polo alumnado do 3º ciclo de primaria.
Por un futuro sostible
As bibliotecas, todas elas, son esenciais para unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta. Por que? Pois porque contribúen cunha educación de calidade, de igualdade de xénero, de máis democracia (sen noticieiros falsos), da redución da pobreza, do coidado do medio ambiente... E falando do medio ambiente, cada vez máis bibliotecas están a adoptar prácticas sostibles para reducir a súa pegada ecolóxica: reciclaxe, audiolibros, ebooks, etc.
As bibliotecas son de todos e de todas, e por iso trátanse de espazos abertos para quen desexe participar. Son un lugar de encontro, onde todos podemos intercambiar opinións, ideas e proxectos. Aquí na Capela, sabemos moi ben como crear comunidade, pois somos unha pequena gran familia.
Feliz día das bibliotecas!
martes, 22 de octubre de 2024
martes, 8 de octubre de 2024
Ptss... ptss... chegou unha carta moi especial!
Vaites!
Hoxe dous ratiños e dúas ratiñas viñeron ler unha carta moi especial. Que quen a escribiu? Nada máis e nada menos que... Cusco! Este curso vai estar cheo de novidades na súa biblio e quere compartilas connosco.
Avisounos de que o próximo día 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas coa inauguración da biblio nova, e que para tal ocasión precisa dunha vestimenta especial. Os nosos nenos e nenas teñen que poñerse mans á obra para confeccionar unha nova camiseta para Cusco.
Por se vos quedáchedes con ganas de saber máis, aquí tedes a carta e unhas fotos do equipo dos roedores.