miércoles, 25 de diciembre de 2024

Festival de Nadal 2024

CapelArte tróuxonos un festival de Nadal cheo de representacións, música, baile... Mirade, mirade...



lunes, 2 de diciembre de 2024

Recreos na biblio: actividades de novembro




No mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Os voluntarios e voluntarias da biblioteca prepararon actividades relacionadas co Universo. Deixámosvos un pequeno recopilatorio:

Recreos na biblio Novembro 2024 de Laura Cuba

As mochilas viaxeiras comezan o seu periplo

Por fin están xa en camiño das casas dos nenos e nenas! Preparadas con moito xeito por Cusco, coas aportacións das mestras e mestres, as mochilas viaxeiras comezan o seu percorrido deste curso. 

Os encargados e encargadas da biblio fixeron un percorrido informativo sobre o seu funcionamento, mirade que atentos estaban ás súas explicacións. 





Esperamos que as disfrutedes moito, que aprendades e imaxinedes con elas antes de pasalas ó seguinte compañeiro ou compañeira. Cusco está desexando ler as vosas opinións e aportacións creativas nos diarios!

martes, 26 de noviembre de 2024

A Capela a escena!

Visitounos Sabela Gago, de Sarabela Teatro, para practicar cos pequenos e pequenas as obras teatrais que están a preparar este curso. Encheu as aulas de movemento, emocións, interpretación e diversión. 

Que gusto da aprender das que máis saben!





lunes, 25 de noviembre de 2024

Dicimos NON ó acoso escolar

O día 25 de novembro, recibimos a visita da autora Miriam León, creadora do libro "Os superheroes da escola". Tras a lectura do libro, Miriam sorprendeu ó alumnado cunha serie de retos relacionados coa historia. Moitas grazas pola túa visita, Miriam, e grazas a ANPA por organizala!


domingo, 24 de noviembre de 2024

SIMULTÁNEA: o obxecto contemporáneo e doméstico

Visitamos a exposición Simultánea na Fundación ABANCA de Ferrol. As obras recollidas nesta cidade consistían sobre a representación dos obxetos, dende un xeito máis realista ata a pura abstración. 

Despois do visionado das obras, grazas á guía do museo que realizou unha selección moi interesante, chegou o momento de que os nenos e nenas representasen algún obxeto mediante a técnica do collage.



20 de novembro: día dos dereitos da infancia

Grazas ás mestras Silvia e Noe por coordinar e elaborar cos nenos e nenas este precioso mural sobre os dereitos da infancia.

Polo dereito a crecer libres e felices!




miércoles, 20 de noviembre de 2024

Comeza a búsqueda! Onde estarán os 100 parrulos agochados?

Chegou o día! 

Onde andarán los 100 parrulos!? Parece que unha vez iniciada a búsqueda xa apareceron uns cantos que non se souberon agochar moi ben... Que o xogo non pare ata atopar os cen!

Moitas obras de arte imos coñecer!


miércoles, 13 de noviembre de 2024

Os 100 parrulos da arte - Presentación do PDI

 Este ano eliximos a arte coma fio conductor do curso escolar, creando o PDI "CapelArte". O principal obxetivo é aprender sobre as distintas expresións artísticas, pois son inherentes á beleza da vida e ó ser humano. 

Para presentar a temática, argallamos

viernes, 1 de noviembre de 2024

Recreos na biblio - calendario de novembro

Este curso comezamos os "Recreos na biblio", unha serie de actividades impartidas polos nosos/as súper voluntarios/as de 5º e 6º de Primaria. Estas son as actividades do mes de novembro, a través das cales celebramos o Mes da Ciencia en Galego:





Foi un pesadelo antes de Nadal o que vivimos no CEIP Mosteiro de Caaveiro...

Tenebroso... así estaba o noso cole: cheo de bechos, esqueletes, lápidas, bonecos diabólicos, mensaxes segredas... e ata un túnel do terror! Toda a comunidade educativa participou para celebrar esta festividade tan nosa, ainda que teña certos toques anglosaxóns (e que somos un centro plurilingüe!).

Nada máis entrar no cole tiñamos unha exposición de cabazas transformadas en personaxes, cemiterios, caracois, monstros... E por suposto houbo unha entrega de premios ás máis terroríficas. 

Para invocar á boa sorte, realizamos un conxuro:



E para rematar, encántanos festexar con contacontos, así que grazas a ANPA polo detalle.

Nada mellor cunha galería para vexades por vós mesmos/as o ben que o pasamos.

jueves, 31 de octubre de 2024

Creando con tesouras - Henri Matisse

Sabemos que podemos crear con pinceis, lápices... pero con tesouras? E se resulta que cando cortamos non so creamos unha forma senón dúas? O que sobra, o espazo negativo, tamén é unha creación. Isto aprendímolo grazas ó libro "El jardín de Matisse", de Samantha Friedman. Deunos pé a crear un mural colaborativo en EP sobre elementos mariños. Creo que isto do collage váisenos dar ben!






martes, 29 de octubre de 2024

CAMISARTE: unha nova camiseta para Cusco!

 A gañadora do concurso "CAMISARTE: unha nova camiseta para Cusco" foi Olalla Paz Seco, de 2º de primaria. Parabéns Olalla!




Día das Bibliotecas 2024: estamos de estrea!

O pasado día 24 de outubro festexamos o día das bibliotecas inaugurando a nosa. Foi un día cheo de sorpresas e emocións. Os nenos e nenas puideron botarlle unha ollada a todas as novas seccións da biblio e a algunhas das novidades literarias.

Aquí podedes ler a adaptación do pregón, presentada polo alumnado do 3º ciclo de primaria.


Por un futuro sostible

As bibliotecas, todas elas, son esenciais para unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta. Por que? Pois porque contribúen cunha educación de calidade, de igualdade de xénero, de máis democracia (sen noticieiros falsos), da redución da pobreza, do coidado do medio ambiente... E falando do medio ambiente, cada vez máis bibliotecas están a adoptar prácticas sostibles para reducir a súa pegada ecolóxica: reciclaxe, audiolibros, ebooks, etc.

As bibliotecas son de todos e de todas, e por iso trátanse de espazos abertos para quen desexe participar. Son un lugar de encontro, onde todos podemos intercambiar opinións, ideas e proxectos. Aquí na Capela, sabemos moi ben como crear comunidade, pois somos unha pequena gran familia.

Feliz día das bibliotecas!





martes, 8 de octubre de 2024

Ptss... ptss... chegou unha carta moi especial!

Vaites!

Hoxe dous ratiños e dúas ratiñas viñeron ler unha carta moi especial. Que quen a escribiu? Nada máis e nada menos que... Cusco! Este curso vai estar cheo de novidades na súa biblio e quere compartilas connosco. 

Avisounos de que o próximo día 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas coa inauguración da biblio nova, e que para tal ocasión precisa dunha vestimenta especial. Os nosos nenos e nenas teñen que poñerse mans á obra para confeccionar unha nova camiseta para Cusco.

Por se vos quedáchedes con ganas de saber máis, aquí tedes a carta e unhas fotos do equipo dos roedores.